Através deste programa de voluntariado, dende Axuda Servizos coordinamos e desenvolvemos diferentes intervencións de carácter complementario aos módulos básicos do Servizo de Axuda no Fogar. Con este programa pretendemos facilitarlle aos usuarios/as que vivan sós e/ou carezan de apoios no seu entorno familiar, a colaboración precisa para favorecer o seu desenvolvemento persoal a través de actividades educativas como as seguintes:
- Apoio na lecto-escritura
- Apoio na educación ou en cursos de formación (informática, etc.)
- Apoio para a adquisición de habilidades sociais
- Reforzo motivacional e desenvolvemento persoal (de persoa pasiva a persoa activa)
- Sensibilización e concienciación en temas relacionados coa dependencia
Este programa lévase a cabo coa axuda de persoal voluntario comprometido socialmente que está interesado en colaborar con persoas dependentes e que teñan como mínimo 18 anos de idade (ou 16 anos, coa autorización previa correspondente).