Atención persoal e de apoio nas actividades básicas da vida cotiá
Axudamos nas actividades e tarefas da vida cotiá ás persoas que debido ás súas condicións físicas, psíquicas e/ou familiares precisan dunha axuda parcial ou total para a realización do seu coidado persoal
Atención psicosocial e educativa
A través de intervencións técnico-profesionais de carácter formativo prestamos apoio para o desenvolvemento das capacidades persoais dos usuarios, da súa afectividade e da integración na comunidade na que conviven
Atención de carácter doméstico e da vivenda
Levamos a cabo actividades e servizos orientados ao mantemento dunhas axeitadas condicións de organización e hixiene no domicilio dos propios usuarios
OUTROS SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DE AXUDA DOMICILIARIA
O amplo cadro de persoal permítenos atender as necesidades específicas de usuarios privados e/ou particulares
Préstamo de recursos e axudas técnicas
Axuda Servizos dispón de recursos técnicos de apoio ao movemento das persoas usuarias ou de axuda nas posibles limitacións funcionais
Apoio psicosocial aos coidadores informais
Damos cobertura ás necesidades detectadas no eido do apoio aos coidadores/as informais e/ou familiares
Perruquería
O cadro de persoal de Axuda Servizos conta con varias auxiliares con titulación de perruquería, o que nos permite ofrecer este servizo aos usuarios/as
Podoloxía
Este servizo de podoloxía ofrécese a domicilio mediante o desprazamento dun profesional contratado por Axuda Servizos
Acompañamentos médicos e xestión de receitas
Trátase dun acompañamento de carácter voluntario dirixido a persoas que carecen de apoio familiar e precisan axuda
Asesoramento para a adecuación da contorna no domicilio
Os técnicos visitan os domicilios e asesoran aos usuarios/as sobre os aspectos a modificar para lograr unha vivenda funcional e accesible
Xantar a domicilio
Con este servizo achegámoslle ao domicilio das persoas usuarias un menú completo, servido en envases térmicos e adaptado ás dietas que precisen
Voluntariado - Actividades educativas
Proporcionámoslles aos usuarios que vivan sós un apoio para o seu desenvolvemento persoal a través de actividades educativas
Información, asesoramento e orientación
Este servizo de orientación proporcionaralle aos usuarios/as a información que precisan sobre axudas, asesoramento legal, etc.
Asesoramento para a estimulación cognitiva
Trátase dun programa paralelo orientado á instrución e asesoramento dos familiares e das persoas usuarias en aspectos vinculados á estimulación cognitiva
Xestión de altas e acceso aos servizos públicos de apoio e mobilidade persoal
Ofrecemos este servizo a través da nosa rede de auxiliares e traballadores sociais en directa colaboración cos departamentos municipais correspondentes