A Estrada
info@axudaservizos.com

Préstamo de recursos e axudas técnicas

Ben en propiedade ou ben en colaboración con entidades asociativas do sector terciario e co Servizo Galego de Saúde, en Axuda Servizos contamos con utensilios, dispositivos e axudas técnicas que serven de apoio ao movemento ou de axuda nas posibles limitacións funcionais que poidan presentar as persoas usuarias.

Estamos a falar de recursos como camas articuladas, cabeceiros, baldas, andadores, cadeiras de rodas, cadeiras de baño, grúas, etc., todos eles útiles para as terapias e os adestramentos, para a mobilidade, para a protección e o coidado persoal e para a alimentación e as tarefas domésticas. O seu préstamo ou aluger ás persoas usuarias realízase tras unha valoración profesional previa, que acredita a súa necesidade para o desenvolvemento das actividades básicas da vida cotiá.

Uso de cookies

Esta páxina web emprega cookies para que vostede teña unha mellor experiencia como usuario. Se vostede segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies