
José López e Susana López Abella destacan a contribución de Axuda Servizos ao benestar e o emprego feminino na Estrada
O Museo do Moble e da Madeira Estradense (MOME) acolleu esta tarde o acto de entrega do IV Premio Honorífico ao Labor das Mulleres do Concello da Estrada a Axuda Servizos. Este emotivo acto contou coa presenza de autoridades como o alcalde da Estrada, José López, e da secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, que foron os encargados de entregar o galardón a dúas das fundadoras de Axuda Servizos: Marina Bascuas e Nieves Fernández. Nas súas respectivas intervencións, tanto a concelleira Amalia Goldar como o alcalde e a secretaria xeral destacaron a contribución de Axuda Servizos ao benestar dos máis necesitados e tamén á empregabilidade das mulleres. De feito, louvaron que o 98 por cento das traballadoras de Axuda Servizos sexan mulleres. Con este premio, Axuda Servizos incorpórase a unha relación de gañadoras na que xa figuran María del Carmen Zamar (2013), María Martínez Otero (2014) e a cooperativa Gandeiras de Vea (2015).
- On 11/03/2016
0 Comments