Trátase dun servizo de orientación, a través do cal dende Axuda Servizos respostamos ás demandas das persoas usuarias e dos seus familiares, así como doutros colectivos, de forma que permite iniciar un proceso de valoración das situacións de necesidade e das problemáticas sociais.
O obxectivo xeral deste servizo é mellorar a atención das persoas beneficiarias e das súas familias, así como solucionar as súas necesidades de información en materia de axudas, asesoramento legal, recursos para as persoas maiores e/ou en situación de dependencia, etc.