
Estreamos a páxina web de Axuda Servizos
Outro dos cambios importantes que estamos a estrear estes días en Axuda Servizos é esta páxina web, coa que pretendemos darlle maior visibilidade á nosa actividade e á carteira de servizos que ofrecemos. Asemade, tamén nos servirá para divulgar as ofertas de emprego que lancemos. Foi elaborada pola consultora de comunicación wecom e é unha páxina web responsive, que se adapta aos distintos dispositivos para facilitar a súa lectura. Agardamos que vos resulte útil e que vos guste.
- On 05/12/2015
0 Comments