O cadro de recursos humanos de Axuda Servizos está conformado na actualidade por máis de 40 profesionais da atención socioasistencial, maioritariamente auxiliares de axuda no fogar que desenvolven a súa actividade baixo a supervisión de dúas coordinadoras diplomadas en Traballo Social. Co paso dos anos, Axuda Servizos tense consolidado na comarca como unha empresa destacada no que se refire á xeración de emprego feminino, posto que a práctica totalidade das auxiliares son mulleres.
Quen somos
Un equipo de profesionais da atención socioasistencial
22 anos de experiencia
As socias fundadoras de Axuda Servizos acumulan máis de dúas décadas de traballo no sector da axuda domiciliaria
Flexibilidade para respostar ás necesidades
O cadro de persoal pode dimensionarse para dar cobertura a novos clientes e usuarios/as
Titulacións e cualificación específicas
Tanto o persoal de coordinación como as auxiliares de axuda no fogar acreditan unha cualificación profesional específica
Formación para seguir mellorando
Axuda Servizos dispón dun Plan de Formación Continua para reforzar a capacitación profesional das súas traballadoras
EQUIPO DIRECTIVO
Un grupo de traballo que conxuga experiencia e formación

Marina Bascuas
Socia-Directiva (fundadora)
Nieves Fernández
Socia-Directiva
Dolores Liñares
Coordinadora