O equipo humano de Axuda Servizos está conformado por máis de 40 traballadoras/es -principalmente auxiliares de axuda a domicilio- coordinados por dúas diplomadas en Traballo Social.
Dende a dirección de Axuda Servizos decidimos crear este apartado de Emprego dentro da páxina web para utilizalo como unha Bolsa de Emprego que nos permita informar das ofertas laborais vixentes e das prazas vacantes que precisemos cubrir en cada momento.
Na actualidade temos aberto un proceso de selección de persoal coas seguintes características:
PRECISAMOS AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR
- Para traballar no ámbito dos concellos da Estrada e Cuntis.
- Requírese que os/as candidatos/as teñan a seguinte formación: posuír o Certificado de Profesionalidade de Atención Sociosanitaria ou equivalente; tamén se admite o título de Formación Profesional de Grao Medio de Atención Sociosanitaria ou outra titulación equivalente (auxiliar de enfermería, xeriatría, etc.).
- Requírese que os/as candidatos/as teñen permiso de conducir de clase B e coche propio.
- Precísase dispoñibilidade horaria en quedas de mañá e tarde.
- Preferiblemente, candidatos/as con experiencia neste sector de actividade.
Os/as interesados/as poden enviar o currículum vítae ao correo electrónico info@axudaservizos.com ou por correo postal á dirección Rúa Justo Martínez, nº 10 – 5ºH, 36680 – A Estrada.