A metodoloxía de prestación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) por parte de Axuda Servizos está sustentada nuns compromisos ineludibles cara os clientes e/ou usuarios/as:
- Personalización da atención: cada usuario/a contará cun proxecto individual de atención e coidados, que pode ser elaborado en función das súas necesidades específicas previamente detectadas, propostas e aprobadas polo persoal técnico municipal. Este plan individual define os obxectivos a acadar no proceso de intervención social con cada persoa usuaria, así como as tarefas e funcións a realizar polos profesionais encargados da prestación do SAF, posibilitando o seguimento e adopción das medidas correctoras necesarias.
- Respecto á identidade forma de vida dos usuarios: a prestación do SAF ten un carácter participativo, de forma que Axuda Servizos aposta pola confianza e creatividade das persoas usuarias, concedéndolle unha especial relevancia aos seus criterios, tratando de darlle continuidade ao seu proxecto de vida e mellorando a calidade da mesma.
- Atención integral: o marco de traballo de prestación do SAF inclúe todos os elementos do envellecemento activo, a promoción da autonomía e a atención a situacións de dependencia nos que Axuda Servizos basea o seu modelo de atención social integral. Apostamos pola calidade de vida das persoas maiores e en situación de dependencia, estimulando a súa autonomía e favorecendo a súa integración social a través dun sistema prestacional que dá cobertura aos diferentes aspectos da área física, funcional, psicosocial e aos niveis preventivos, rehabilitador, educativo e asistencial.
- Promoción da autonomía persoal: a atención social proxéctase sobre a base dun programa de actividades e servizos que fai especial énfase nos elementos de participación e estimulación psicosocial das persoas usuarias, e non só aos aspectos relacionados coa intervención social. Así, apóstase pola potenciación das capacidades da propia persoa, tratando de manter o maior nivel de independencia dentro das posibilidades de cada usuario individualmente considerado.