A Estrada
info@axudaservizos.com

Axuda Servizos

Especialistas na prestación de servizos de axuda no fogar

Axuda Servizos é unha empresa adicada á prestación de servizos de carácter socioasistencial, con máis de 22 anos de experiencia no desenvolvemento de servizos de axuda domiciliaria. Inscrita no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia (nº VP-1319/0001) como Axuda Sociedade Cooperativa Galega, na actualidade xestiona o Servizo de Axuda no Fogar dos concellos da Estrada e Cuntis e presta servizos de axuda domiciliaria e atención a dependentes a través das libranzas correspondentes. Ademais, dispón dunha ampla carteira de servizos complementarios de axuda domiciliaria, que ofrece tamén a diferentes usuarios privados e/ou particulares.

Sociedade creada en 1993

As orixes de Axuda Servizos remóntanse ao ano 1993, data na que a Cruz Vermella deixa de prestar o SAF do Concello da Estrada e catro auxiliares que estaban a traballar nese servizo deciden constituír unha cooperativa para continuar con el. Neses primeiros pasos resultou determinante o asesoramento e apoio da responsable do Departamento Municipal de Servizos Sociais, Manuela Corral.

Ampliación a Cuntis en 2006

Ademais de xestionar o Servizo de Axuda no Fogar do Concello da Estrada -adxudicado novamente a comezos de 2015 a través dun concurso público-, dende o mes de febreiro de 2006 Axuda Servizos presta tamén o servizo de axuda domiciliaria no Concello de Cuntis. Foi o primeiro paso dun proceso de expansión nos municipios da contorna.

Novas oficinas na Estrada en 2015

Como consecuencia do proceso de consolidación e crecemento de Axuda Servizos, a comezos do exercicio de 2015 a empresa estreou unhas novas oficinas na rúa Justo Martínez (nº 10 – 5ºH), nas que centraliza todos os traballos administrativos e de coordinación, así como a atención ao público.

Misión, visión e valores

A misión de Axuda Servizos consiste en buscar o máximo benestar dos usuarios/as proporcionándolles unha cobertura profesional e de calidade para as súas necesidades socioasistenciais. 

En Axuda Servizos queremos estabilizar e consolidar a longo prazo o noso proxecto empresarial, avaliando as diferentes oportunidades que xurdan para expandir a nosa actividade principalmente nos concellos da contorna da Estrada

Os principais valores que sustentan a actividade de Axuda Servizos son:

  • Profesionalidade: a incorporación de persoal cualificado, xunto cos plans de formación continua e reciclaxe, permítennos garantir os criterios de máxima profesionalidade na prestación dos servizos
  • Respecto e creatividade: avogamos pola prestación dos servizos de axuda domiciliaria cun enfoque participativo, apostando pola creatividade e confianza das persoas usuarias, valorando as súas opinións e suxestións e respectando a súa identidade
  • Calidade: pretendemos que a búsqueda da excelencia na prestación dos servizos se convirta para os clientes nun sinónimo de confianza
  • Innovación e dinamismo: concebimos os servizos de axuda domiciliaria como servizos abertos e dinámicos que deben adaptarse progresivamente á realidade cambiante das necesidades das persoas usuarias

Tipoloxía de usuarios

A meirande parte dos usuarios/as de Axuda Servizos proceden dos contratos suscritos con Administracións Públicas e das libranzas correspondentes, aínda que tamén se prestan servizos de axuda domiciliaria a usuarios privados e/ou particulares.

  • Sector público (%)
  • Sector privado (% particulares)

Uso de cookies

Esta páxina web emprega cookies para que vostede teña unha mellor experiencia como usuario. Se vostede segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies