Os programas de Servizos de Axuda no Fogar (SAF) de Axuda Servizos inclúen o desenvolvemento de actividades de atención psicosocial e educativa. Trátase de intervencións técnico-profesionais formativas e de apoio ao desenvolvemento das capacidades persoais, da afectividade, da convivencia e da integración dos/as usuarios/as na comunidade na que viven. Ademais, tamén se realizan intervencións orientadas a apoiar e reforzar a estruturación da súa vida familiar.
De acordo coa normativa referente á prestación do Servizo de Axuda no Fogar, as tarefas que desenvolve o persoal de Axuda Servizos no eido psicosocial e educativo son as seguintes:
- Apoio no desenvolvemento das capacidades persoais
- Fomento da adquisición de hábitos de carácter básico: hixiene, alimentación, organización do fogar, limpeza do fogar, coidado dos nenos/as, saúde, etc.
- Control e acompañamento de menores ao colexio, así como outras accións e atencións que se establezan no proxecto
- Acompañamento en actividades que favorezan a convivencia ou fomenten a participación
- Apoio á normalización e integración da familia na contorna social