A Estrada
info@axudaservizos.com

Atención persoal e de apoio na vida cotiá

Unha das especialidades de Axuda Servizos no marco do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) é a atención de carácter persoal e o apoio domiciliario nas actividades da vida cotiá a aquelas persoas que, polas súas condicións físicas, psíquicas e/ou familiares, requiren dunha axuda total ou parcial para o seu coidado persoal. A prestación deste servizo engloba todas as actividades da vida diaria dos/as usuarios/as, agás aquelas que son de natureza sanitaria:

  • Apoio no aseo e coidado persoal para manter unha axeitada hixiene corporal
  • Asistencia para levantarse e deitarse
  • Control do réxime alimentario e, se é o caso, axuda para alimentarse
  • Supervisión, se procede, da medicación prescrita por persoal facultativo e control do estado de saúde para detectar e comunicar calquera cambio significativo
  • Apoio á mobilización dentro do fogar
  • Axuda e apoio ás persoas afectadas por problemas de incontinencia
  • Compañía
  • Acompañamento fóra do fogar para a realización de xestións como visitas médicas, tramitación de documentos, etc.
  • Facilitar o desenvolvemento de actividades de ocio no fogar mediante a entrega de material para a realización de traballos manuais, así como para a lectura de xornais, revistas, libros, etc.
  • Outras atencións persoais que poidan ser incluídas con carácter específico para acadar os obxectivos que se pretenden co Servizo de Axuda no Fogar

Uso de cookies

Esta páxina web emprega cookies para que vostede teña unha mellor experiencia como usuario. Se vostede segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies