A Estrada
info@axudaservizos.com

Atención de carácter doméstico e da vivenda

A atención de carácter doméstico e da vivenda que presta Axuda Servizos aos usuarios do SAF consiste no desenvolvemento de actividades orientadas ao mantemento dunhas axeitadas condicións de organización e hixiene no seu domicilio. O persoal auxiliar de Axuda Servizos convértese así nun apoio e reforzo para a realización de tarefas domésticas como as seguintes:

  • Alimentación: o servizo comprende os labores de compra e preparación de alimentos no fogar, entre outras actividades
  • Roupa: o servizo inclúe as funcións de lavado, ferro, cosido, orde, compra e outras análogas
  • Limpeza e mantemento da vivenda, así como a realización de pequenas reparacións e outros traballos básicos que non precisen a intervención de especialistas

Uso de cookies

Esta páxina web emprega cookies para que vostede teña unha mellor experiencia como usuario. Se vostede segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies