En Axuda Servizos contamos con técnicos que visitan os domicilios das persoas usuarias e levan a cabo o asesoramento correspondente sobre os diferentes aspectos susceptibles de ser modificados e mellorados para conseguir unha vivenda máis funcional e accesible. Durante a visita ao fogar dos usuarios/as, os técnicos supervisan e avalían o estado do domicilio e aportan as recomendacións correspondentes orientadas a optimizar o benestar das persoas que conviven nel.