Aexperiencia adquirida por Axuda Servizos na xestión das diferentes áreas da atención social ten evidenciado a existencia dun importante abano de necesidades no eido do apoio as coidadores/as informais.
Na maioría dos supostos, a cobertura desas necesidades adquire alomenos unha importancia semellante á atención das persoas usuarias, na medida en que a relación usuario-coidador informal é recíproca e repercute no estado de saúde e no estado emocional de ambos.
Na actualidade, a demanda de apoio e atención domiciliaria por parte dos familiares tense incrementado considerablemente, debido á sobrecarga psicolóxica que supón estar 24 horas pendentes do coidado doutra persoa, ata o punto de iren desencadeando no chamado “síndrome do coidador”.
Por estes motivos, Axuda Servizos pode proporcionarlles ás familias e aos coidadores/as informais un servizo con consellos útiles sobre a atención a persoas dependentes e sobre a atención das súas necesidades sociais.