A Estrada
info@axudaservizos.com

Acompañamentos médicos e xestión de receitas

Aprestación deste servizo de acompañamentos médicos e xestión de receitas médicas obedece á filosofía de atención social impulsada por Axuda Servizos, que está orientada a evitar, na medida do posible, os cambios na relación persoal usuario-auxiliar. A especialización profesional dos/as auxiliares do plantel de traballadores/as permite a Axuda Servizos ofrecerlle aos usuarios a realización de dúas tarefas específicas e diferenciadas:

  • Acompañamentos médicos ou outros acompañamentos sen horario fixo de intervención: trátase dun servizo complementario dirixido a aquelas persoas que carecen de apoio familiar e que, polas súas características físicas, psíquicas ou sensoriais, precisan de axuda. Este acompañamento será de carácter voluntario e estará sometido a un protocolo de incorporación dos/as auxiliares, que requerirá, como paso previo, o coñecemento e a xeración de confianza na persoa usuaria.
  • Xestión de receitas médicas: trátase dun servizo complementario que, en ningún caso, interferirá nas actuacións que, polo seu carácter sanitario, deban ser realizadas por persoal facultativo.

Uso de cookies

Esta páxina web emprega cookies para que vostede teña unha mellor experiencia como usuario. Se vostede segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies