Atención persoal e de apoio nas actividades básicas da vida cotiá
Axudamos en todas as actividades da vida cotiá ás persoas que, debido ás súas condicións físicas e/ou psíquicas ou familiares, requiren dunha axuda parcial ou total para a realización do coidado persoal
Atención psicosocial e educativa
Mediante intervencións técnico-profesionais de carácter formativo apoiamos o desenvolvemento das capacidades persoais dos usuarios, da afectividade e da integración na comunidade na que conviven
Atención de carácter doméstico e da vivenda
Realizamos actividades e servizos orientados ao mantemento dunhas axeitadas condicións de organización e hixiene no domicilio dos usuarios
Cinco razóns para contratar a Axuda Servizos
- Máis de 22 anos de experiencia na prestación de servizos de carácter socioasistencial
- Un equipo humano con máis de 40 auxiliares con formación específica
- Unha quincena de servizos especializados no eido da atención domiciliaria
- Capacidade de adaptación dos recursos técnicos e humanos para satisfacer as necesidades dos clientes e dos usuarios
- O crecemento progresivo experimentado por Axuda SCG dende o ano 1993 avala a calidade e a excelencia do noso traballo
Que din sobre Axuda Servizos?
"A valoración que podo facer sobre Axuda Servizos, pola miña experiencia profesional, non pode ser máis que favorable, tanto no eido do funcionamento como empresa prestadora de servizos sociais, como nos servizos prestados dende a súa creación, xa que, dende o meu punto de vista, "crearon escola". Destacaría o esforzo, a adicación, a profesionalidade e a fiabilidade na prestación dos servizos; a súa capacidade de resposta, a súa constancia, o compromiso, a seriedade e, sobre todo, a calidade e a calidez coa que prestan o servizo, onde a persoa usuaria é o máis importante"
Manuela D. Corral Martínez | Xefa do Departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada